Novo Wiko Lenny3 Max, con batería de 4900 mAh

wiko-lenny-3-max

Dúrache pouco a batería? Wiko ten a solución co seu novo trebello, o Wiko Lenny3 Max, un smartphone que fará que nos esquezamos do cargador, xa que incorpora unha batería de 4900 mAh que ofrece até 480 horas de autonomía en reposo, ademais de poderse usar como se fose unha batería externa para cargar outros trebellos.

O Lenny3 Max está equipado cunha pantalla IPS de 5 polgadas con cristal lixeiramente curvado nos bordes 2.5D. No seu interior leva un procesador de catro núcleos Cortex A7 a 1,3 GHz xunto 2 GB de memoria RAM e 16 GB de memoria interna, ampliábeis mediante microSD de até 64 GB.

Na parte multimedia, a cámara principal é de 8 megapíxeles con flash LED e capacidade de gravación de vídeo 1080p a 30 fps, mentres que a frontal ten un sensor máis sinxelo, de 5 Mpx, e flash en pantalla. Este sistema pon en branco a pantalla do noso móbil para iluminar a zona na que estamos sacando a selfie para que as fotos non saian tan escuras.

En canto a deseño, seguindo coa liña do Lenny 3, hai unha aposta polas formas redondeadas e os acabados en metal, aínda que a presenza da batería de gran tamaño tamén fixo aumentar o seu grosor até os 9,9 mm.  Finalmente, o sistema operativo é Android 6.0 Marshmallow, aderezado coa interface Wiko UI, que contén consellos e widgets especialmente deseñados para analizar o consumo de batería.

O Wiko Lenny3 Max xa se pode mercar nas tendas en gris espacial ou dourado por 149 euros.

Sobre o autor

Reply