Movistar ofrece Fusión Contigo e as tarifas de contrato a metade de prezo durante 6 meses

movistar

Movistar vén de estrear unha nova promoción para todas as novas altas até o próximo 10 de xaneiro, consistente nunha rebaixa do 50% da cota mensual durante seis meses ao contratar Fusión Contigo ou unha tarifa de móbil de contrato Vive.

Fusión Contigo é a oferta integrada con televisión máis económica da compañía, e integra fibra óptica (50 ou 300 Mbps simétricos, chamadas ilimitadas a calquera operador desde o fixo, TDT, a canle #0 e máis de 6000 películas en Movistar+, ademais de 2 liñas móbiles (200 minutos de chamadas nacionais a fixos e móbiles e 2 GB/mes de datos).

Con esta promoción, as clientas que opten pola oferta de 50 Mbps pagarán 25 €/mes durante 6 meses no canto dos 50 €/mes habituais, mentres que as que prefiran 300 Mbps abonarán 31 €/mes, a metade dos 62 €/mes fóra de oferta.

Do mesmo modo, Movistar tamén ofrece un desconto do 50% durante seis meses nas tarifas Vive. Deste modo, a oferta de contrato móbil queda como segue:

  • Vive 45 (22,50 €/mes – fóra de promo, 45 €/mes): 5 GB, chamadas e SMS ilimitados e multisim.
  • Vive 32 (17 €/mes – fóra de promo, 32 €/mes): 2,5 GB, chamadas e SMS ilimitados.
  • Vive 26 (13 €/mes – fóra de promo, 26 €/mes): 1,5 GB, 200 minutos e SMS ilimitados.

Adicionalmente, Movistar tamén ofrece tres meses gratis de Nubico, o servizo de lectura dixital por suscrición, que ten un prezo habitual de 8,99 €/mes.

 

Deixa un Comentario