Orange Love Familia Total: 500 Mbps simétricos e 24 GB para 3 liñas móbiles por 129,95 €/mes

orange-love

Hai pouco máis dunha semana soubemos que Orange preparaba unha oferta converxente que incluiría unha conexión por fibra óptica de 500 Mbps simétricos e “moitos” datos móbiles. Esta proposta comercial é desde hoxe un produto no mercado: chámase Love Familia Total.

Love Familia Total está orientado ás usuarias que precisan un importante nível de conectividade, pois ademais de ser a primeira conexión de 500 Mbps simétricos que se oferta en todo o territorio español tamén inclúe un bono con 24 GB de navegación a velocidade 4G+ en mobilidade.

Por 129,95 €/mes, Love Familia Total ofrece o seguinte:

  • Fibra óptica simétrica 500 / 500 Mbps.
  • Teléfono fixo con chamadas ilimitadas
  • 3 liñas móbiles con chamadas ilimitadas e roaming de voz e datos na UE e Islandia, Liechtenstein e Noruega.
  • MultiSIM para cada liña móbil.
  • 24 GB de datos para consumir entre esas 3 liñas
  • TV con fútbol (Primeira e Segunda división de Liga, Copa do Rei, Champions, Europa League), cine e series e máis de 3.000 contidos á carta, en calidade HD e multidispositivo.

Adicionalmente, aquelas usuarias que precisen contar cun maior número de liñas móbiles, poderán contratar liñas adicionais con chamadas ilimitadas por 18,95 €/mes, que tamén farán uso do bono de datos familiar.

Finalmente, e de maneira pomocional, orange ofrece Netflix de maneira gratuíta durante 3 meses, aínda que logo deste período promocional o custe é o habitual do servizo: 9,99 €/mes.

Sobre o autor

Reply