Lowi ofrecerá 4G en todas as súas tarifas desde este xoves

lowi-4g

Aos poucos, Lowi (marca low cost de Vodafone) segue mellorando as condicións para as súas usuarias, desta vez incluíndo 4G en todas as súas tarifas. Até o de agora, as clientas desta compañía unicamente podían acceder a esta conectividade tendo 2 GB de datos contratados ou o bono de chamadas ilimitadas.

Será a partir deste xoves, 1 de decembro, cando todas as usuarias de Lowi poderán navegar a velocidade 4G, aínda que estamos a falar de LTE Cat4 (até 150 Mbps), é dicir, unha velocidade que sendo superior á media da velocidade 4G de todos os operadores, queda bastante por baixo da que é capaz de ofrecer a rede de Vodafone.

Xunto con este anuncio Lowi promete que “axiña” veremos unha sorpresa que fará sorrir ás usuarias, polo que todo apunta a que veremos importantes novidades nos próximos días. Teremos que agardar a ver de que se trata, pero xa son moitas as voces que apuntan a que quizais Vodafone abra a man e inclúa o roaming europeo.

Deixa un Comentario