Nova tarifa de Amena: 3,5 GB, 100 minutos a móbiles e SMS ilimitados por 14,95 €/mes

amena

Orange vén de lanzar a través de Amena, a súa marca low cost, unha tarifa orientada ás usuarias que falan pouco e navegan moito. Con ela, a compañía completa o seu catálogo con opcións para usuarias pouco activas, faladoras, navegadoras e a combinación destas dúas últimas.

Esta nova tarifa inclúe por 14,95 € ao mes 100 minutos en chamadas, SMS ilimitados e 3,5 GB de datos a máxima velocidade, aínda que promocionalmente até febreiro serán 4 GB. Ademais, se nalgún momento acabamos cos datos poderemos seguir navegando a velocidade reducida ou contratar bonos extra de 500 MB por 2,95 €, un prezo bastante axustado en coparación con outras alternativas do mercado. No caso das chamadas fóra deses 100 minutos incluídos, terán un custe de 0 cént/min e unicamente pagarase o establecemento de 18 céntimos.

A competencia directa desta nova tarifa de móbil que ofrece Amena é sen dúbida Yoigo, coa súa proposta de 100 minutos e 5 GB por 19,95 € ao mes. Cal e mellor? Como sempre, depende do uso de cada un. Haberá a quen lle compense axustar máis o seu consumo aforrando 5 € ao mes e quen preferirá andar máis folgado no consumo de datos.

Máis info | Amena

Deixa un Comentario