Vodafone ten a mellor rede de voz e datos, Yoigo a peor

voz-e-datos

Á hora de escoller un ou outro operador, o principal elemento de decisión das usuarias adoita ser o prezo e o que vai incluído no mesmo. Nun lugar secundario fica a cobertura, algo que logo dá lugar a malestar entre as usuarios cando non teñen un servizo axeitado.

As operadoras son conscientes disto, e cando falan de coberturas sempre adoitan referirse a velocidades ideais ou de lugares concretos, mais é movendose polo territorio o único xeito de comprobar canto de boa ou mala é unha rede. A consultura independente P3 Connect vén de facer públicos os resultados do seu estudo anual tras percorrer máis de 11.000 km polo Estado, chegando a conclusión de que por segundo ano consecutivo Vodafone segue contando coa mellor rede de voz e datos.

ruta-2016

O estudo realizouse percorrendo grandes cidades, pequenas poboacións e – non menos importante – estradas. Durante o traxecto foron levando a cabo todo tipo de tests para avaliar a calidade das chamadas, a navegación ou as velocidades de carga e descarga de arquivos.

Nestas probas, Vodafone conseguiu a porcentaxe máis alta de chamadas realizadas con éxito (99,1 %), o tempo de establecemento de chamada máis curto (5,3 segundos) e a mellor calidade de voz. Ademais, a compañía británica tamén lidera nos datos móbiles en cidades (grandes e pequenas) e saca unha vantaxe de 4 puntos porcentuais ao seu competidor máis inmedianto nas estradas.

Todas as operadoras melloran, pero Yoigo segue á cola

Do estudo elaborado por P3 Connect tamén se desprende que as catro operadoras que contan con rede propia (Vodafone, Orange, Movistar e Yoigo) melloran os resultados desde o ano pasado, aínda que novamente con Vodafone á cabeza, o que lle permite seguir líder un ano áis.

voz-2016

Malia o éxito de Vodafone no tráfico de voz, agás nas poboacións intermeidas onde é superado por Movistar, as tres operadoras principais amosan uns resultados bastante similares, como se pode ver na gráfica anterior. Yoigo, pola contra, queda bastante atrás, tendo a peor cobertura de voz, especialmente nas estradas.

datos-2016

Se falamos de datos, o liderado de Vodafone é indiscutíbel, e Yoigo volve ser o que queda moito máis atrás cuns resulstados que se ben non son bos nas cidades, nas estradas son moi preocupantes.

Malia que Yoigo conta cun acordo de roaming nacional con outro operador (actualmente Movistar, pero a comezos de ano será Orange), este só sea aplica onde non ten cobertura. Isto fai que as usuarias de Yoigo teñan, en xeral, peor cobertura, xa que o cambio de rede prodúcese unicamente cando non hai cobertura propia, e non se outra rede é mellor nun determinado momento.

Máis info | Estudo completo

Deixa un Comentario