Apple Pay: dispoñíbel no noso país a partir de mañá

apple-pay-santander

Dous anos despois do seu lanzamento nos Estados Unidos, Apple trae ao noso país so seu sistema de pagamentos móbiles, Apple Pay, un servizo compatíbel cos iPhone 6, iPhone 6S e iPhone 7, así como coas sús versións “Plus”. Deste modo, as usuarias dalgún destres modelos de Apple poderán pagar cos seus trebellos nos establecementos que teñan un terminal TPV con NFC.

Será a partir de mañá, 1 de decembro, e nun primeiro momento unicamente para as usuarias do Banco Santander, aínda que proximamente iranse sumando mais bancos. A compañía de Cupertino xa traballaba co banco español no Reino Unido, onde Apple Pay leva xa bastante tempo funcionando.

Apple Pay tamén para o Apple Watch, compras in-app e tendas online

Ademais de permitir os pagos cos iPhone, Apple Pay tamén se pode usar desde o Apple Watch (Series 1 e Series 2), aínda que previamente tense que sincronizar co iPhone ao que estea ligado.

Ademais, Applee Pay pódese empregar para pagar contidos dentro de aplicacións (in-app) empregando a verificación biométrica de Touch ID, e proximamente nas tendas on-line. De feito, os últimos modelos do MacBook Pro xa contan con TOuch ID para facer máis doadas as compras desde os ordenadores.

Samsung Pay, Vodafone Wallet e outras alternativas

Á espera de se Google decide traer Android Pay ao noso país, na actualidade temos varias plataformas que nos permiten pagar co noso móbil nos establecementos con TPVs compatíbeis coa tecnoloxía contactless.

A máis completa é Vodafone Wallet. Esta aplicación, unicamente dispoñíbel para as usuarias da operadora británica, permítenos ter un tarxeteiro virtual e é compatíbel con todos os bancos, o que axuda á súa universalización.

abanca samsung pay

As usuarias de Samsung poden empregar Samsung Pay, unha plataforma moi simular á de Apple. Malia que aspira a integrar todos os bancos, polo de agora a listaxe dos compatíbeis é limitada. Entre os admitidos están Abanca, Sabadell e CaixaBank / ImaginBank.

Finalmente están as aplicacións propias de cada banco. Moitos bancos teñen ferramentas propias que nos permiten facer pagamentos móbiles (BBVA, Santander, CaixaBank….), aínda que a diferenza das aplicacións máis xenéricas (Vodafone Wallet, Samsung Pay, Apple Pay, Android Pay….) unicamente serven para o propio banco, o que nos limita se temos varias tarxetas de pago diferentes.

Vía

Sobre o autor

No Responses

Reply