Meizu anuncia o Meizu PRO 6 Plus

meizu-pro-6-plus-1

O fabricante chinés Meizu vén de renovar o seu flagship facendo unha versión “plus” do mesmo. Falamos do novo Meizu PRO 6 Plus, un novo trebello que actualiza algunhas características técnicas do seu predecesor, como o procesador ou a batería, e integra tamén unha pantalla de maior tamaño.

O Meizu PRO 6, anunciado en abril, contaba cunha pantalla de 5,2 polgadas, un tamaño algo escaso para o que adoita ser habitual nos trebellos de bandeira dos fabricantes chineses. A razón non era outra que esta versión Plus que estaban preparando, e que integra unha pantalla OLED de 5,7 polgadas e resolución QHD. Este panel é ademais sensíbel á presión 3D Press, o que permite levar a cabo diferentes accións dunha maneira máis sinxela.

meizu-pro-6-plus-3

No seu interior leva un procesador Exynos 8890, fabricado por Samsung (é o mesmo que leva o Samsung Galaxy S7), xunto con 4 GB de memoria RAM. A actualización de características tamén afecta á súa batería, que medra até os 3400 mAh de capacidade, a pesar de que segue mantendo os 7,3 mm de grosor.meizu-pro-6-plus-2

No apartado fotográfico, Meizu apostou por un sensor Sony IMX386 de 12 megapíxeles, con estabilizador óptico, capacidades de gravación de alta calidade (4K) e flash en anel, mentres que no caso do sensor frontal, inclúese un modelo de 5 Mpx.

Complementando as súas características técnicas temos un lector de pegadas dixitais (mTouch) capaz de ler o ritmo cardíago, dual SIM LTE, NFC e conector USB Tipo C. Como sistema operativo emprega Android 6.0 – Marshmallow e a interface propia Flyme OS 6.

Prezo e dispoñibilidade

O Meizu PRO 6 Plus venderase en tres cores (dourado, gris e prateado) e en dúas variantes, unha de 32 GB por 410 € e outra de 64 GB que custará 450 €. Está previsto que se poña á venda na China o día 8 de decembro e pouco tempo despois no resto de países.

meizu-pro-6-plus-4

Máis info | Meizu

No Responses

Deixa un Comentario