Motorola prepara un módulo para levar o 5G ao Moto Z

motorola-moto-z

O Moto Z é a aposta de Lenovo pola modularidade, a través dos chamados “Moto Mods“, aínda que cun enfoque bastante diferente ao de LG, que este ano tamén levou este concepto ao LG G5 cos LG Friends. Agora, visto con perspectiva, seguramente teña máis sentido a proposta de Lenovo de cara a facer os nosos smartphones “futuríbeis”, é dicir, dárlles a oportunidade de actualizarse engadindo novas funcionalidades.

Aos módulos iniciais do trebello, entre os que atopamos algúns para facer de picoproxectores, baterías extra e relacionados coa fotografía, súmase agora a idea de integrar un moito máís interesante que dará acceso ás redes 5G.

Isto podería dar moitísimo xogo, e non ser só relevante para o Moto Z, senón tamén para posíbeis futuros dispositivos do fabricante compatíbeis, xa que fará que ter ou non 5G no móbil deixe de depender do SoC que se lle puxo no momento da fabricación, xa que o módulo proposto fará de módem externo para podérmonos conectar ao 5G.

De seguir apostando os fabricantes por este tipo e módulos sería boa idea ir plantexando como eliminar a exclusividade dos módulos para trebellos concretos, de maneira que poidamos escoller sempre, por separado, o smartphone e o módulo que mellor se adapte ás nosas necesidades.

Sobre o autor

Reply