Google Santa Tracker actualízase coa chegada do Nadal

google-santa-tracker-2016-1

Entrados xa de cheo no mes de Nadal, Googlé vén de reactivar o seu xa clásico Google Santa Tracker, unha aplicación web e para móbiles vencellada á figura de Papá Nöel e as súas viaxes. Como gran novidade, este ano temos varios minixogos que irán aparecendo día a día para manternos atentas á mesma até a chegada do Día D, aínda que non é a única sorpresa.

Case todo xira arredor da Santa Claus Village, unha poboación na que atopamos diferentes zonas e na que irán aparecendo todos os minixogos diarios e moitas outras sorpresas, como mensaxes de Papá Nöel e moito máis.

Por outro lado está a aplicación, na que Google aposta polo uso da realidade aumentada. Imaxinamos que o éxtio de Pokémon Go terá moito que ver nesta cuestión, xa que a través dela podemos camiñar polo mundo atopando os agasallos perdidos para levalos ao taller de Papá Nöel.

Todas estas novidades completaranse co xa tradicional tracker que abre o 24 de decembro e nos permite seguir o percorrido de Papá Nöel entregando os agasallos polo mundo e unha esfera para os reloxos Android Wear, que nos axudará a vestir o noso reloxo de Nadal.

Máis info | Google Santa Village

Sobre o autor

Reply