Dobre de “gigas” sen custe nas tarifas prepago de Vodafone polo Nadal

vodafone-dobre-gb-nadal-2016

Canto máis preto está o Nadal, máis promocións vencelladas a estas datas aparecen. Unha das últimas compañías en anunciar a súa é Vodafone, cunha proposta que repite entre as usuarias das súas tarifas de cartón prepago Vodafone Yu e Vodafone Internacional Smartphone.

As clientas actuais de Vodafone yu que teñan 1 GB, 1,5 GB ou 2 GB disporán de  2 GB, 3 GB ou 4 GB, respectivamente, durante o período promocional, que se extenderá até o próximo 9 de xaneiro, simplemente renovando a súa tarifa. Do mesmo xeito, as novas clientas que se dean de alta nestas tarifas tamén disfrutarán da promoción automaticamente.

Dunha maneira máis visual, as condicións das tarifas beneficiadas coa promoción de Nadal de Vodafone serán as que resumimos nesta táboa.

Internacional Smartphone Yuser Superyuser Megayuser
Chamadas 60 min nacional / internacional Ilimitadas a outros VF yo + 20 min Ilimitadas a outros VF yu + 50 min Ilimitadas a outros VF yu + 100 min
Datos 1,5 GB 1 GB 1,5 GB 2 GB
Promo GBx2 3 GB 2 GB 3 GB 4 GB
Prezo 15 € 10 € 15 € 20 €

Que vos parece esta promoción?

Sobre o autor

No Responses

Reply