Google estrea unha aplicación para compartir a ubicación en emerxencias

contactos-de-confianza-3

Hoxe en día resulta imposíbel imaxinar os nosos desprazamentos sen irmos acompañadas dos nosos smartphones. Por iso estes trebellos téñense convertido nunha ferramenta imprescindíbel para chamar unha grúa se o noso coche decide deixarnos tirados ou avisar a alguén se sufrimos un percance ou non nos atopamos ben.

A contribución dos móbiles é indiscutíbel, e desde hai xa bastante tempo existen aplicacións que nos permiten levar a cabo accións se detectan accidentes ou alertar aos nosos contactos se pedimos axuda. Hoxe é Google quen vén de anunciar a súa aplicación propia para este cometido, chamada Contactos de confianza.

contactos-de-confianza-2

A idea detrás desta nova aplicación é poder compartir a nosa ubicación co círculo de contactos que teñamos máis próximo, algo que hai anos facía Latitude, aplicación que matou Google ao integrala, daquela maneira, como opción de Google+.

O funcionamento é moi sinxelo: por un lado podemos deixar que nos busquen, de maneira que se nos piden ubicación e non contestamos (imaxinade que saímos dar unha volta na bici e non regresamos) os nosos contactos saberían a última ubicación do teléfono para alertar aos servizos de emerxencia.

contactos-de-confianza

Por outra banda, tamén poderemos ser nós mesmas as que avisemos se temos algún problema, xa que tras pulsar un botón de aviso pode enviar unha alerta coa nosa ubicación a todos os contactos que teñamos engadido dentro de se círculo de confianza.

Como adoita pasar con este tipo de aplicacións, o maior inconvinte é o da privacidade ao ter que compartir a nosa ubicación. Un dilema que nos pon entre a espada e a parede ao ter que decidir se preferimos seguridade ou privacidade. Vós que pensades?

Play Store | Contactos de confianza

Sobre o autor

Reply