WTF?! Smart Bracelet, pulseiras de actividade low cost

A compañia WTF?!, que coñecemos hai xa algún tempo polos seus WTF?! Smart Stickers, vén de anunciar o lanzamento ao mercado de dúas pulseiras de actividade cunha boa relación calidade – prezo. Son as Smart Bracelet Entry e Smart Bracelet Premium.

wtf-smart-bracelet-entry

Con deseño minimalista, estas pulseiras de actividade permiten levar conta da nosa actividade diaria dun xeito cómodo e sinxelo. As súas prestacións son as habituais que atopamos neste tipo de wearables: contan os pasos e o consumo de calorías, controlan o noso sono e tamén nos avisan da nosa “inactividade” para que nos poñamos en marcha se detectan que levamos tempo sen movernos.

A Smart Bracelet Entry suma a estas funcións un recordatorio de notificacións entrantes, como chamadas, SMS, WhatsApp ou Skype, entre outras. Tamén dispón de función anti-perda, alarma con vibración, axenda con recordatorio de citas e control remoto da cámara fotográfica do móbil.

É compatíbel con Android e iOS a través da aplicación DayDayBand, que se pode adquirir gratuitamente na Play Store, e leva un procesador TICC 2541, pantalla LCD de 0,5 polgadas, Bluetooth 4.0, batería de 50 mAh e resistencia á auga segundo o estándar IP67.

Pola súa banda, a Smart Bracelet Premium incorpora un controlador de ritmo cardíaco e detecta automaticamente a actividade deportiva que estamos a realizar (correr, fútbol, golf, ximnasio, ciclismo…).

pulsera-premium-pantallaSincronízase co móbil, iOS ou Android, a través da aplicación Wannafit (gratuíta na Play Store e na Apple Store), e  vén cun procesador Dialog 14580, pantalla OLED de 0,9 polgadas con resolución 128 x 32, Blueooth 4.0, batería de 150 mAh e resistencia á auga segundo IP67.

Estas novas pulseiras de actividade poderanse mercar online, nas tendas VIPS e nas tendas das estacións de servizo CEPSA. O seu prezo é de 19,95 € para a versión Entry e de 39,95 € para a Premium.

Sobre o autor

Reply