O mellor da Play Store no 2016 segundo Google

play-store-2016

Cando se vai achegando o final de ano, comezan a aparecer listaxes e ránkings de todo tipo. Hainos de smartphones, tablets, aplicacións… e case todo o imaxinábel. Google tamén se animou a facer as súas propias listaxes, como esta da que vos queremos falar hoxe.

A compañía de Mountain View vén de dar a coñecer o mellor do 2016 na Play Store, atendendo ao número de descargas ou compras en todas as categorías que ten a tenda de contidos dixitais de Google: apliacións, xogos, cancións, películas, series e libros.

Certamente atopamos poucas sorpresas nos títulos seleccionados, aínda que nos chamou a atención que 3 das 5 aplicacións máis descargadas estean relacionadas coa fotografía, e delas dúas co intercambio de caras ou a aplicación de “máscaras” para as mesmas.

A continuación podedes ver a listaxe completa.

Aplicacións

  1. Face Changer 2
  2. Lumyer – Photo & Selfie Editor
  3. Castbox – Podcast Radio Music
  4. Emoji Keyboard Pro
  5. MSQRD

Xogos

  1. Pokémon GO
  2. Clash Royale
  3. Traffic Rider
  4. slither.io
  5. Dream League Soccer

Cancións

  1. Stressed Out, Twenty One Pilots
  2. Sorry, Justin Bieber
  3. One Dance (feat. WizKid & Kyla), Drake
  4. Don’t Let Me Down (feat. Daya), The Chainsmokers
  5. Me, Myself & I, G-Eazy

Películas

  1. Deadpool
  2. Star Wars: The Force Awakens
  3. Zootopia
  4. Captain America: Civil War
  5. Batman v Superman: Dawn Of Justice

Series

  1. Game of Thrones
  2. The Walking Dead
  3. The Big Bang Theory
  4. Mr. Robot
  5. The Flash

Libros

  1. Deadpool Kills the Marvel Universe de Cullen Bunn
  2. Harry Potter and the Cursed Child: Parts One and Two de J.K. Rowling, John Tiffany, Jack Thorne
  3. The Girl on the Train: A Novel de Paula Hawkins
  4. The Art of War de Tzu Sun
  5. Me Before You: A Novel de Jojo Moyes

Máis info | Google

About The Author

Reply