Nova cor para o Samsung Galaxy S7: pearl black

samsung-galaxy-s7-pearl-black

Todo o acontecido co Galaxy Note7, o dispositivo estrela de Samsung para este 2017, levou á compañía a trazar un cambio de rumbo que ten dúas vías. Por unha banda, centráronse no Galaxy S8, o modelo do 2017 co que deberán volver sorprender e ser revolucionarios, mais tamén en potenciar os Galaxy S7 / S7 Edge, os smartphones de referencia que o fabricante ten agora mesmo á venda.

Ao longo de todo o ano vimos como foron aparecendo edicións especiais, como a dos Xogos Olímpicos ou a Injustice Edition, e tamén novas cores. Ao azul coral de hai unhas semanas súmase agora o “pearl black”, un negro máis negro que a versión actual (black Onyx) no mercado.

Esta nova versión, que estará á venda desde este venres en Corea do Sur, amplía a súa memoria interna até os 128 GB, aínda que segue a manter a posibilidade de expandir esta memoria mediante tarxetas microSD.

Tras a incorporación desta nova cor temos un total de 2 edicións especiais e 7 acabados dispoñíbeis: negro, prata, dourado, rosa, branco, azul coral e negro pearl, aínda que non todos están ou estarán dispoñíbeis en todos os mercados. Polo de agora, no noso país pódese mercar o Galaxy S7 en negro ou dourado e a versión Edge nesas mesmas cores, rosa e prata.

Sobre o autor

Reply