Lebara ofrece chamadas ilimitadas. 1000 sms e 3 GB por 10 €/mes até abril coa súa promo de Nadal

promo-nadal-lebara

Conforme se vai achegando o Nadal seguimos descubrindo novas promocións das operadoras, e hoxe detémonos na oferta de Lebara. Este operador móbil virtual, que ten o seu nicho de mercado entre a comunidade inmigrante ao ofrecer chamadas internacionais nos seus bonos e minutos a baixo custe, vén de presentar a súa interesante proposta para estas datas festivas.

A promoción de Nadal de Lebara ofrece chamadas ilimitadas, 1.000 SMS e 3 GB de navegación por 10 €/mes, unha oferta que se extenderá até o mes de abril de 2017. A partir do 1 de abril, coa oferta rematada, esta tarifa volverá ao seu prezo habitual de 20 €/mes, nos que se manteñen as chamadas ilimitadas e os 1000 SMS, aínda que os gigas incluídos baixan a 2 GB.

A operadora, que funciona coa rede de Orange, só traballa na modalidade de prepago, e disfrutar desta ou outras tarifas non implica asumir permanencias.

Máis info | Lebara

Sobre o autor

Reply