Xiaomi estará por primeira vez no CES de Las Vegas

ces-xiaomi

Como cada ano, xaneiro arranca coa primeira das tres grandes citas tecnolóxicas do ano, o CES de Las Vegas. Entre os días 5 e 8 de xaneiro, a cidade estadounidense acolle un encontro no que se darán cita fabricantes de todo o mundo para anunciar as primeiras novidades do 2017 e debullar o que poderemos ver ao longo de todo o ano.

Entre os que pasarán por aló por vez primeira atopámonos a Xiaomi. O fabricante chinés leva tempo obsesionado con expandirse fóra do país asiático e dar o salto a outros continentes de maneira oficial. De feito, a contratación de Hugo Barra no 2013 tivo moito que ver con esta ansia de expansión internacional, aínda que de momento estáo facendo de maneira moi tímida.

Confirmada a súa presenza no CES, teremos que agardar aínda un tempo para saber do que Xiaomi podería ter preparado, aínda que os rumores xa comezan a apuntar á hipotética presentación do Xiaomi Mi 6. En calquera caso, o que si está confirmado e que será “un produto completamente novo”, deixando claro que non será a típica “presentación internacional” de dispositivos xa presentados.

Que opinades vós?

Sobre o autor

Reply