Os novos Nokia con Android chegarán no MWC 2017

A pesar de que moitos dos fabricantes clásicos de teléfonos non souberon adaptarse aos movementos do mercado dos últimos anos, a súa outrora posición dominante fai que siga sendo relevante calquera intento que teñan de renacer. Un dos exemplos máis destacado deste tipo de empresas é, xunto BlackBerry, o de Nokia, que traballa en varios trebellos con Android que verán a luz no próximo ano.

Un destes novos teléfonos é o Nokia D1C, que xa vimos nalgún render filtrado con anterioridade, e do que veñen de coñecerse novos datos, entre eles o seu prezo. Segundo parece, haberá dúas versións deste dispositivo, unha con 2 GB de memoria RAM por 150 dólares e outra que subirá até os 3 GB de RAM e os 200 dólares.

O resto de especificacións aínda seguen bailando entre varias opcións. Fálase dunha pantalla de 5 ou 5,5 polgadas con resolución 1080 píxeles, procesador Qualcomm Snapdragon 430, cámara principal de 13 ou 16 megapíxeles e unha frontal de 8 megapíxeles.

O que semella claro é que virá con Android 7.0 Nougat, aínda que se xa estamos a falar de que o escenario para a súa presentación sería o Mobile World Congress 2017, que se celebrará en Barcelona a finais do mes de febreiro, o máis seguro é que veña coa versión 7.1 de Android.

About The Author

Reply