Ocean’s estrea promo de Nadal, con rebaixas en tarifas móbiles e plans converxentes

Logo das promocións ligadas ao Black Friday, a operadora galega Ocean’s vén de anunciar as súas ofertas de cara o Nadal, con importantes descontos aplicados ás tarifas móbiles ÁGil e as diferentes modalidades de contratos Único, o produto converxente de fixo, móbil e Internet para particulares da compañía.

Estas ofertas, con descontos que chegan até o 50%, coincide co lanzamento de novas modalidades de Internet, como a fibra óptica 30/10 Mbps e a fibra óptica simétrica 300/300 Mbps, nas diferentes opcións con e sen liña de teléfono fixo.

Os descontos nas tarifas ÁGil con chamadas ilimitadas ofreceranse até o 28 de febreiro, e serán o seguintes:

  • Chamadas ilimitadas + 1 GB: 7,95 €/mes (logo 15,95 €/mes).
  • Chamadas ilimitadas + 3 GB: 9,95 €/mes (logo 18,95 €/mes).
  • Chamadas ilimitadas + 8 GB: 18,95 €/mes (logo 26,95 €/mes).

Pola súa banda, nas 9 modalidades dispoñíbeis de produtos converxentes Único (fixo, móbil e Internet) aplícanse descontos até o 31 de maio de 2017. Neste caso as usuarias poden elixir calquera combinación de móbil (1, 3 ou 8 GB) e de Internet fixo (ADSL até 20 Mbps, fibra óptica 30/10 Mbps ou fibra óptica simétrica (300/300 Mbps).

Por poñer un par de exemplos, unha das opcións máis asequíbeis (Fibra 30 Mbps + 1 GB) custará 25 €/mes (logo da promoción, 49,95 €/mes), mentres que a máis ambiciosa (Fibra 300 Mbps + 8 GB) poderemos disfrutala a 37 €/mes (73,96 €/mes despois da promo).

Par poder beneficiarse de calquera destes descontos é preciso contratalos antes do 8 de xaneiro, data na que remata a promoción de Nadal. As contratacións poden facerse tanto a través da súa páxina web como por vía telefónica, no 1770.

Máis info | Ocean’s

Sobre o autor

No Responses

Reply