Asus quenta motores para a súa presentación no CES 2017

Asus comezou a enviar os convites á prensa para o seu evento no marco do CES de Las Vegas 2017. Baixo o epígrafe “Zennovation”, a cita prevista para o próximo 4 de xaneiro promete ser un fito importante para este fabricante taiwanés, pois todo apunta a que presentarán algo grande.

Nos convites figura o logo de Qualcomm xunto co de Asus, polo que todo fai pensar que o smartphone que prepara de Asus virá co novo procesador Snapdagon 835, un chip máis potente, con Quick Charge 4.0 e que Qualcomm fabricou en colaboración coa surcoreana Samsung e a súa tecnoloxía de fabricación en 10 nm.

Aínda que no CES non adoitan presentarse os buque insignia das compañías, algúns fabricantes optan por darlle máis protagonismo a esta feira para evitar coincidir cos grandes anuncios que rodean o Mobile World Congress, e que acaban por eclipsar a outras marcas menos destacadas.

Máis info | Asus

Sobre o autor

Reply