WhatsApp permitiranos eliminar as mensaxes xa enviadas

 

Malia as múltiples opcións que temos para comunicarnos a través da mensaxería instantánea, a aplicación maioritaria segue a ser WhatsApp, unha ferramenta que pouco a pouco segue a implementar novidades que melloran sustancialmente o servizo.

De seguro que en máis dunha ocasión enviáchedes algunha mensaxe ou fotografía que non procedía e lamentáchedes non poder facer nada para borrala. Pois ben, segundo desvelou WaBetInfo, na última beta da aplicación de WhatsApp para iOS xa temos dispoñíbel unha opción que nos permite marcar e borrar o que xa envíamos.

Semella que isto afecta tanto aos chats entre persoas individuais como nos grupos de WhatsApp. Esta cuestión parécenos moi interesante, porque se xa é incómodo mandar unha mensaxe que non se debe a unha persoa, facelo nun grupo equivocado é moito peor.

Agora só nos queda agardar a que a compañía implemente esta opción en WhatsApp para Android, algo que seguramente non tarde moito en acontecer. Que vos parece a vós?

Sobre o autor

Reply