Descontos de até o 50% e máis “gigas” de datos na promoción de Nadal de Vodafone

Tras o anuncio da promoción para as usuarias de cartón prepago, que poden disfrutar do dobre de gigas da súa tarifa sen custe adicional, Vodafone vén de anunciar todos os descontos e promocións para o segmento de contrato, que afectan tanto aos servizos de móbil, como aos produtos converxentes e á televisión.

No concreto, as promocións que activou Vodafone por estas festas son as seguintes.

  • 50% para novos clientes de tarifas Red ou Vodafone One M ou L. As persoas que contraten antes do 8 de xaneiro de 2017 unha tarifa de móbil Red ou un produto converxente One M ou L terán un desconto do 50% durante 6 meses, é dicir, até xuño de 2017.
  • Dobre de GB. Valedeira para usuarias de tarifas One, Red, Smart, Mini, Vodafone yu contrato, +Líneas, +Líneas Datos S e L e Internet Móvil Contrato, esta promoción permite ter o dobre de datos entre o día 15 de decembro e o 15 de xaneiro por 3 €. Pódese contratar até o día 8 de xaneiro, peo igualmente só será válida até o 15 dese mesmo mes.
  • 50% de desconto nos bonos de datos de +Líneas Vacaciones. O produto +Líneas Vacaciones, pensado para que as usuarias de produtos converxentes de Vodafone poidan serguir conectadas durante as vacacións, ofrece un desconto do 50% da cota. Quen xa teña este produto contratado poderá disfrutar do desconto directo, mentres que as novas usuarias terán o desconto en todas as compras de bonos posteriores ao primeiro uso até o 15 de marzo.
  • Canles de Vodafone TV Total gratis para clientes de Esencial e Extra gratis. Entre o 19 de decembro e o 8 de xaneiro, as usuarias de TV con paquetes Esencial ou Extra terán dispoñíbeis os máis de 120 canles de series, cinema, infantil… incluídos no paquete Vodafone TV Total, o máis completo.

Con todas estas propostas Vodafone pretende fidelizar ás usuarias cunha aposta pola conectividade total e os contidos, cuestión cada vez máis esixida polas usuarias.

Deixa un Comentario