O Moto M xa se pode mercar en Europa por 279 euros

Hai unhas semanas Lenovo levou a cabo un discreto evento de presentación na China, onde anunciaron o Moto M, un dos seus últimos trebellos. O dispositivo chega agora a Europa, onde xa se pode mercar por 279 euros, un prezo bastante atractivo para as prestacións que incorpora.

O Moto M vén para complementar os Moto G4 e Moto G4 Plus, dispositivos que están a ter unha moi boa aceptación do público. Está equipado cunha pantalla de 5,5 polgadas e resolución 1920 x 1080 píxeles, e no seu interior alberga un procesador MediaTek Helio P15, de 8 núcleos a 2,2 GHz e GPU Mali-T860 MP2. Dispón de 4 GB de memoria RAM e 32 GB de memoria interna.

Pasando ao apartado multimedia, a cámara frontal é de 8 megapíxeles, mentres que o sensor principal é de 16 megapíxeles, con flash LED. Xunto a esta cámara temos tamén o sensor de pegadas dixitais, e no interior unha batería de 3050 mAh de capacidade con funcionalidades de carga rápida.

Prezo e dispoñibilidade

Lenovo comezou a súa distribución no continente europeo por Eslovaquia, onde xa se pode mercar por 279 euros. Se todo vai ben, nas próximas semanas chegará tamén a outros países, entre eles o noso.

Sobre o autor

Reply