R fai oficiais as novas tarifas, con melloras nalgúns produtos e subas noutros

A operadora galega R  vén de facer oficiais as novas tarifas que adiantamos hai un mes e que entran en vigor o próximo 22 de decembro. Estas inclúen novas opcións de tarifas móbiles para adaptarse a diferentes perfís e melloras no prezo dalgún combo, aínda que tamén haberá suba de prezo nalgúns produtos.

Novas tarifas de móbil

A nova tarifa plana 15, incorpora por 15 €/mes 2 GB de datos e 200 minutos en chamadas a fixos e móbiles nacionais, mentres que a nova plana 18 leva, por 18 €/mes, 2 GB de datos e chamadas ilimitadas. Porén, estas tarifas non inclúen as chamadas ilimitadas á propia conta que si ofrecen o resto de tarifas móbiles, aínda que desde a compañía aseguran ter unha solución a este tema se se chama ao 1449.

Por outro lado, o resto de tarifas planas vixentes actualmente (plana 13, plana 23 e plana 32) suben de prezo sen ver melloradas as súas condicións. A plana 13 e plana 23 suben 1 € cada unha, pasando a ser plana 14 e plana 24 respectivamente, mentres que a plana 32 sube 2 € e pasa a chamarse plana 34. Tamén subirá 1 € a actual tarifa 1 (500 MB e chamadas a 1 cént/min por 8 €/mes), mais a cambio terá 1 GB de datos e chamadas a 0 cént/min.

Combos

En canto aos combos, aparece unha nova opción de 200 megas, de maneira que se elimina a velocidade intermedia de 150 megas e a oferta queda simplificada en tres opcións de 50, 200 e 350 megas. Os prezos base dos combos, con teléfono fixo e sen ter móbilR son bastante mellores aos actuais.

  • 50 megas: 47 €/mes (actualmente 56 €/mes)
  • 200 megas: 52 €/mes (actualmente 60 €/mes a opción de 150)
  • 350 megas: 55 €/mes (actualmente 68 €/mes)

Máis minutos a móbiles desde o fixo

Actualmente R ofrece 100 minutos ao mes para chamadas a móbiles desde o fixo se se ten factura electrónica, mais a partir do día 22 pasarán a ser 1100, dos cales 100 serán para chamadas de luns a venres e 1000 para as realizadas durante as fins de semana e festivos de ámbito estatal ou galego.

Mellores prezos na oferta combinada

Aquelas persoas que teñan un combo na casa e liñas móbiles con R disfrutarán dunha mellor oferta, nalgúns casos cun prezo final que mellora o actual. As opcións neste caso son múltiples, por poñer un par de exemplos:

  • Combo 50 megas antena + móbilR con 2 GB 200 minutos: 51 €/mes
  • Como 200 megas series + mobilR con 4 GB e chamadas ilimitadas: 72 €/mes.

Haberá que agardar a que a compañía publique todos os cambios tarifarios, e non só as novidades, para ver como queda a oferta global da compañía.

Máis info | R

Sobre o autor

4 Comments

  1. quecheparece 20 Decembro, 2016 Responder
  2. Inwahir 20 Decembro, 2016 Responder
    • Iago Varela Martínez 20 Decembro, 2016 Responder

Reply