A Comisión Europea acusa a Facebook de mentir na compra de WhatsApp

A Comisión Europea, organismo encargado da regulación, vén de acusar a Facebook de proporcionar información errónea á mantenta sobre a compra de WhatsApp, o que de confirmarse implicaría unha sanción correspondente ao 1% da facturación da compañía norteamericana, é dicir, arredor de 179 millóns de dólares.

Durante o proceso de compra de WhatsApp en 2014, Facebook asegurou que non se cruzarían as bases de datos de ambas compañías. Porén, como todas sabemos pola polémica que supuxo, en agosto deste 2016 a aplicación de mensaxería actualizou os seus termos de uso para habilitar o envío de datos, entre eles o número de teléfono, aos servidores de Facebook.

Facebook ten agora de prazo até o próximo 31 de xaneiro para remitir unha resposta á Comisión Europea, entregando toda a documentación do proceso de compra e argumentando a súa defensa. De non facelo, ou de non ser abonda xustificación, deberá afrontar a xa comentada sanción económica.

Máis info | Comisión Europea

Sobre o autor

Reply