Segue o percorrido do Apalpador polos concellos de Galiza con esta aplicación

Tal e como vos comentamos onte, nesta casa sómosvos moito do Apalpadroid, o irmán frikiño do Apalpador. Porén, e como non podía ser menos, tamén lle temos moito respeto ao Apalpador por todo o que significa, e máis nunha noite como a de hoxe na que merece todo o protagonismo.

Non cabe dúbida de que os teléfonos móbiles teñen revolucionado o xeito no que as pícaras e pícaros do noso país poden comunicarse coa recua de seres míticos que traen agasallos nestas datas, e o noso Apalpador non ía ser menos. Aquí vos traemos o tracker co que podedes seguir o seu percorrido.

A aplicación “Sigue o Apalpador” é unha ferramenta moi sinxela que nos permite ver nun mapa por onde vai o Apalpador no seu percorrido polos concellos de Galiza apalpando o bambullo para ver quen comeu ben durante todo o ano e, polo tanto, merece que lle deixen unha presa de castañas e algún que outro detalle.

Na pantalla principal temos o mapa no que iremos vendo onde está en cada momento e cara onde se dixire, mentres que nas dúas secundarias temos un pouco máis de información de quen é o Apalpador, para aquelas persoas que aínda non o coñezan, así como o historial do percorrido.

Así que xa sabedes, se esta noite non vedes ao Apalpador pola vosa casa…. quizais é por non ter instalado esta aplicación! 😉 Aproveitamos para agradecer a Dani que nos dera o chivatazo desta app, e a todas e todos vós por acompañarnos un ano máis do outro lado da pantalla. Pasade boa noite!

Play Store | Sigue o Apalpador

Sobre o autor

Reply