Hoxe comeza o evento de Nadal de Pokémon Go: incubadoras, novos Pokémon e máis!

A xente de Niantic volve repetir a estratexia con Pokémon Go que vivimos durante Halloween e coa Black Friday cun novo evento, desta vez ligado ao Nadal e dividido en dúas fases que se superpoñen durante algúns días.

En primeiro lugar, desde hoxe (25 de decembro) e até o 3 de xaneiro, inclusive, coa primeira visita a unha Poképarada recibiremos unha incubadora dun só uso. Ademais, os ovos que recibamos para eclosionar terán moitas máis posibilidades de ser dun novo bebé Pokémon.

Posteriormente, entre o 30 de decembro á tarde e o 8 de xaneiro haberá moitas máis posibilidades de atopármonos Charmander, Bulbasur e Squirtle salvaxes, ademais de todas as súas evolucións, e os cebos pasarán a durar 60 minutos no canto dos 30 habituais.

Todo isto súmase á posibilidade de atopar a Pikachu cun gorro de Nadal, que estará dispoñíbel até o 29 de decembro. Ah! E se evolucionamos un destes Pikachus de Nadal teremos un Raichu tamén especial, pois conserva o gorro.

Que vos parecen estas novidades?

Sobre o autor

Reply