Estes son os smartwatches que actualizarán a Android Wear 2.0

Para tratar de calar os numerosos rumores que apuntaban a que a sección de wearables de Google non estaba a pasar polo seu mellor momento, a compañía con sede en Mountain View filtrou que estaban a preparar dous novos modelos para lanzar a comezos de 2017, que virán con Android Wear 2.0.

Mais, como sempre que se fala dunha actualización de software, aparece a gran cuestión: vai actualizarse o meu dispositivo? A resposta, desta vez, é bastante clara, cunha listaxe dos trebellos que recibirán Android Wear 2.0. Serán os seguintes:

  • Asus ZenWatch 2
  • Asus ZenWatch 3
  • Casio Smart Outdoor Watch
  • Fossil Q Wander
  • Fossil Q Marshal
  • Fossil Q Founder
  • Huawei Watch
  • LG Watch R
  • LG Watch Urbane
  • LG Watch Urbane 2nd Edition LTE
  • Michael Kors Access Bradshaw Smartwatch
  • Michael Kors Access Dylan Smartwatch
  • Moto 360 2nd generation
  • Moto 360 Sport

Por outro lado, entre os modelos que non actualizarán a esta nova versión temos a moitos da primeira xeración do 2014, entre eles os seguintes:

  • Asus ZenWatch
  • LG G Watch
  • Moto 360
  • Samsung Gear Live

Tedes algún destes dispositivos?

About The Author

2 Comments

  1. Daniel 26 Decembro, 2016 Responder
    • Iago Varela Martínez 26 Decembro, 2016 Responder

Reply