Este móbil chega até os 9.500 dólares. Que ten de especial?

As opcións para facernos cun móbil son múltiples e diversas, aínda que a grosso modo adoitamos clasificar os terminais en diferentes segmentos de produto polas súas especificacións, aínda que isto tamén está ligado ao prezo.

  • Gama baixa. Adoitan estar por baixo dos 150 € e son dispositivos básicos que pouco máis sirven que para chamar e usar aplicacións do tipo WhatsApp.
  • Gama media. Entre os 150 – 300 €. Neste segmento xa atopamos modelos moi decentes e completametne funcionais para a gran maioría do público.
  • Gama media – alta. Entre os 300 e os 500 €. Quen quere pagar un pouco máis accede a un novo segmento con prestiacóns máis significativas.
  • Gama alta. De 500 € en adiante. A partir dos 500 € entramos nunha nova fase, con modelos máis potentes e innovadores, aínda que nalgúns casos temos que subir por riba dos 700 para acceder aos tope de gama, no que sería unha gama premium.

O modelo do que queremos falarvos hoxe é un trebello atípico, que nin sequera chega a ser un smartphone. Falamos do Gresso Meridian, un dispositivo cuxas especificacións técnicas máis destacadas son a as súas capacidades dual SIM, conectividade 2G, Bluetooth 3.0 e cámara de 3 megapíxeles. O seu prezo de partida? 3.000 dólares, iso si, con envío gratuíto.

O truco destes prezos está, como puidéchedes imaxinar polas imaxes, nos materiais. E é que o Gresso Meridiam é un teléfono de xoiería que podemos mercar en 6 acabados (M1, M2, M3, M4, M5 e M6), todos eles feitos de titanio, pero con detalles en diferentes materiais, ouro de 18 kilates na versión máis premium.

Se aínda tedes dúbidas sobre que regalar polo día de Reis, estades a tempo de pedir un… aínda que só se van fabricar 999 unidades, así que recomendamos que, de ser o caso, non o pensedes demasiado 😉

Máis info | Gresso

 

Sobre o autor

Reply