A lei obriga a R a devolver cinco veces o custe do servizo durante a caída. Canto supón na factura?

A caída do servizo móbil de R ocorrido entre o mediodía do venres 23 e a madrugada do sábado 24 de decembro segue dando que falar. Se onte a nova era a acusación de R a Vodafone (e a resposta desta) como causante da situación, hoxe éo a cantidade que R vai devolver ás súas clientas.

A lexislación obriga a R a devolver unha cantidade equivalente ao resultado de multiplicar por 5 a cota mensual que se paga polos servizos interrompidos, prorrateados polo tempo de interrupción do servizo. A mesma lexilación obriga a que esta devolución sexa feita de maneira automática no caso de que o resultado supoña unhca cantidade superior a un euro.

A falta de saber con certeza se R fará este cálculo “a bulto” (é dicir, considerando as aproximadamente 16 horas que durou a incidencia) ou calculando o tempo exacto no que cada liña estivo fóra de servizo, os reembolsos máximos a aplicar a cada tarifa de móbilR serán aproximadamente os que seguen (calculados para o máximo de 16 horas):

  • plana 14 (14 €/mes): reembolso de 1,50 €
  • plana 23 (23 €/mes): reembolso de 2,47 €
  • plana 34 (34 €/mes): reembolso de 3,65 €
  • tarifa R 2 GB (10 €/mes): reembolso de 1,07 €
  • tarifa R 3 GB (13 €/mes): reembolso de 1,39 €
  • tarifa 0 1 GB (9 €/mes): reembolso de 0,97 €
  • tarifa 0 3 GB (16 €/mes): reembolso de 1,71 €

Á vista dos comentarios da operadora a través das redes sociais oficiais, onde fixeron unha impecábel labor de comunicación con claridade e suma transparencia, semella que non van ser tiquismiquis á hora de facer as devolucións, e mesmo podería non estar descartado que chegase a haber outro detalle adicional coa clientela, máis aló do que estritamente obriga a lei.

Así e todo, se temos en conta que todas as tarifas móbiles de R suben neste ciclo de facturación 1 €, agás a tarifa plana 34, que sube 2 €, e as tarifas R, que non suben, en termos cuantitativos a indemnización suporá pouco máis que “retrasar” un mes o pago dos novos prezos. En calquera caso, benvida sexa 🙂

 

Sobre o autor

No Responses

Reply