Máis potencia e mellores prestacións no novo Chromebook de Asus

Á hora de escoller un novo portátil, cada vez son máis as usuarias que optan polos modelos chamados “convertíbeis”. Referímonos a eses dispositivos que contan cunhas bisagras que permiten abrir a pantalla de tal maneira que podemos usar o trebello como un portátil ou como unha tablet.

Se falamos de Chromebooks convertíbeis, un dos trebellos que máis chamou a atención foi o Asus Flip, que segundo apunta Newegg xa ten sucesor. Trátase do modelo  C302CA, no que o fabricante aposta por introducir mellores prestacións a cambio, iso si, de subir o prezo.

O Asus Chrombeook C302Ca incorpora unha pantalla de 12,5 polgadas con resolución 1080p que, aínda que non se aclara, podería ser táctil. No seu interior leva un procesador Intel Core m3, xunto con 4 GB de memoria RAM e 64 GB de almacenaxe interna. Dispón de dous portos USB-C e un lector de tarxetas microSD.

Semella que o CES de Las Vegas será o lugar no que o fabricante amosará ao público este dispositivo, que terá un prezo de 499 dólares, algo máis de 475 €.

Sobre o autor

No Responses

Reply