Fala por WhatsApp sen ter que engadir o número aos teus contactos

Polo modo de funcionar de WhatsApp, para iniciarmos unha conversa con outra usuaria da aplicación precisamos ter gardado o seu número nos nosos contactos. Isto pode resultar algo incómodo para os casos nos que unicamente imos ter un intercambio puntual de mensaxes, como podería ser a concreción dunha compra a través de Wallapop ou a definición dun punto de quedada cunha persoa que vai viaxar connosco nun Blablacar.

Para eses casos está pensada a aplicación Mesej Je. Trátase dunha app que nos permitirá enviar mensaxes de WhatsApp a números que non temos gardados na nosa axenda dunha maneira rápida e sinxela. O truco está en que esta ferramenta crea un contacto temporal que elimina tras iniciarse a conversa.

O funcionamento de Mesej Je non podería ser máis sinxelo. Bastará con que abramos a aplicación (a primeira vez pediranos acceso aos contactos), escribimos o número de teléfono co que queremos contactar e prememos en “Open WhatsApp”. Listo! Tras este paso xa teremos aberto un chat e poderemos iniciar a conversa.

Mesej Je é unha aplicación gratuíta na súa versión con publicidade. Se queremos precindir de anuncios podemos optar pola versión pro, aínda que desde o noso punto de vista non merece moito a pena, ao ser unha app de uso esporádico.

Play Store | Mesej Je

Sobre o autor

Reply