Samsung lanza os novos Galaxy A3 e A5 (2017)

Comeza o CES 2017, a primeira das tres grandes feiras tecnolóxicas do ano. E con ela chegan tamén as primeiras presentacións de produtos, algúns dos cales xa fomos coñecendo nas últimas semana, e outros que serán novidosos. Un dos primeiros fabricantes en oficializar un lanzamento é Samsung, que vén de anunciar os novos Galaxy A3 e Galaxy A5 (2017), dous modelos de gama media – alta dunha serie que está a darlle ao fabricante moi bos resultados, cando menos no noso país.

O Galaxy A3 (2017) é o modelo máis compacto, ao contar cunha pantalla de 4,7 polgadas, mentres que o Galaxy A5 (2017) sube até as 5,2 polgadas, en ambos casos con pantalla Always On. Coinciden tamén en ter un deseño coidado e un acabado no que se une unha estrutura metálica coa parte traseira en cristal 3D, así como cámaras frontais e traseiras melloradas para conseguir resultados máis nítidos e espectaculares en espazos con pouca luz.

Ademais, por primeira vez a serie Galaxy A ofrece resistencia á auga e ao pó, grazas á certificación IP68. Isto permítenos facer fronte a elementos como a choiva, a suór, a area ou o pó. Así mesmo, ambos os dous son compatíbeis con Samsung Pay, o sistema de pagos seguros por NFC, e dispoñen de espazo na nube de Samsung Cloud para facer copias de seguridade.

Especificacións completas

Galaxy A3 (2017) Galaxy A5 (2017)
Pantalla 4,7 ” HD Super AMOLED 5,2” FHD Super AMOLED
Procesador OctaCore 1,6 GHz OctaCore 1,9 GHz
RAM 2 GB 3 GB
Memoria 16 GB + microSD (256 GB) 32 GB + microSD (256 GB)
Cámaras 13 / 8 Mpx (f/1.9) 16 / 16 Mpx (f/1.9)
Batería 2550 mAh 3000 mAh (carga rápida)
Outros LTE Cat4, Samsung Pay, NFC, lector de pegadas dixitais, USB Tipo C, IP68 LTE Cat6, NFC, Samsung Pay, lector de pegadas dixitais, USB Tipo C, IP68
Sistema Operativo Android 6.0.1 Android 6.0.1

A serie A do 2016 xa nos sorprendeu pola boa calidade das súas cámaras, e este ano a cousa promete aínda máis. Samsung centrou os seus esforzos por mellorar as cámaras, algo especialmente notábel no Galaxy A5 (2017), coa cámara frontal de 16 Mpx e apertura de f/1.9.

Dispoñibilidade e prezo

Tanto o Samsung Galaxy A3 (2017) como o Galaxy A5 (2017) estarán dispoñíbeis a comezos do mes de febreiro en Europa, nun total de catro cores: black sky, gold sand, blue mist e peach cloud.

O modelo máis pequeno (A3) venderase por 330 €, mentres que o A5 custará 430 €.

Sobre o autor

No Responses

Reply