Orange tamén subirá as tarifas Love entre 2 e 5 euros a partir de febreiro

Se hai uns días era Movistar a que anunciaba unha suba de 5 euros ao mes na maior parte das súas tarifas Fusión a partir do 19 de febreiro, agora é Orange quen replica este movemento. A operadora francesa subirá entre 2 e 5 euros as súas tarifas converxentes Love apenas dous meses despois do seu lanzamento, iso si, a cambio de máis datos móbiles.

Os cambios serán os seguintes:

  • Love Esencial. O paquete máis básico (ADSL ou fibra 50 Mbps + unha liña móbil con 2 GB e 200 minutos) sube dous euros, até os 48,95 €/mes, e incrementa 500 MB nos datos, até os 2,5 GB.
  • Love Sin Límites. Este paquete (ADSL ou fibra 50 Mbps + unha liña móbil con 4 GB e chamadas ilimitadas)  sube tamén dous euros, até os 60,95 €, a cambio de incrementar 2 GB de datos, até os 6 GB.
  • Love Familia Esencial. Este paquete familiar (ADSL ou fibra 50 Mbps + 2 liñas móbiles con 200 minutos por liña e 6 GB a compartir) incrementa 2 GB o superbono de datos, até os 8 GB, e o prezo en 2 €, até os 66,95 €/mes. No caso da opción con 300 Mbps o novo prezo sube até os 78,95 €/mes.
  • Love Familia Sin Límites. Este paquete premium (fibra 300 Mbps + 2 liñas móbiles con chamadas ilimitadas e 10 GB para compartir) sube 5 €,  quedando nos 96,95 €/mes, e suma 6 GB adicionais, chegando até os 16 GB.

Ademais de todos estes cambios, Orange tamén incluirá o roaming europeo en todas as tarifas Love, así como unha tarxeta multiSIM sen custe adicionais en todas as tarifas agás Love Esencial.

Agora só queda agardar a ver que decide facer Vodafone, a única das tres grandes operadoras que de momento non anunciou novidades nas súas tarifas converxentes, mais é de prever que levará a cabo algún movemento relacionado co incremento de datos, para non quedar atrás dos seus principais competidores.

About The Author

Reply