Fiat anuncia no CES que os seus coches levarán Android

Nos últimos anos os vehículos foron incorporando importantes novidades tecnolóxicas orientadas a mellorar a experiencia abordo. Malia que nun primeiro momento estas funcionalidades eran exclusivas das gamas máis altas, hoxe en día son universais, e raro é o coche que non incorpora algunha delas.

O último salto está en ofrecer ordenadores nos que os fabricantes, no canto de apostar por desenvolver un sistema operativo propio, deciden empregar outros con máis proxección de futuro, ao contar cunha importante comunidade de desenvolvedores detrás. É o caso de Fiat, que aproveitando a súa presenza no CES fixo público o acordo con Alphabet para introducir Android 7.0 á súa plataforma Uconnect.

Desta maneira, Fiat mantén Uconnect como capa de personalización, pero ao estar baseado en Android abre a porta a ter acceso a todas as características e funcionalidades deste sistema operativo, especialmente o seu ecosistema de aplicacións, algo que coa alternativa de Apple para os coches sería imposíbel.

Apoiándose nun Fiat Chrysler 300C Sedán, o fabricante italiano deixou ver a nova radio UConnect con pantalla de 8,4 polgadas no CES de Las Veagas, e proximamente poderán disfrutar destas novidades as usuarios no mercado.

About The Author

Reply