LG anuncia no CES a súa nova gama de televisores Super UHD con tecnoloxía nano cell

LG inicia o ano co anuncio no CES de Las Vegas da terceira xeración de televisores LG Super UHD TV. Trátase de tres trebellos (SJ9500, SJ8500 y SJ8000) que veñen equipados con Nano Cell, unha das tecnoloxías máis avanzadas na reprodución de cores nos paneis LCD.

Isto tradúcese nunha mellor experiencia de usuario, xa que son quen de amosar imaxes moito máis realistas, con cores precisos e mellores ángulos de visión. Todos eles teñen HDR activo con Dolby Vision, o que permite disfrutar de varios formatos de HDR para que calqueira poida ter ao alcance da man o espectro de contido HDR de alta calidade.

Ademais, todos estes novos televisores levan de serie a plataforma de Smart TV LG webOS, na súa versión 3.5, que conta con melloras para que o control sexa máis doado e o acceso máis rápido, grazas ao novo Magic Remote e á funcionalidade Magin Link. Desta maneira será máis áxil acceder a contidos na rede e aplicacións como Netflix ou Amazon vídeo con tan só pulsar un botón no mando, e poderemos disfrutar de toda a programación 4K.

Chamounos especialmente a atención a funcionalidade Magic Zoom, grazas á cal as usuarias poden aumentar e gravar calquera parte da pantalla que quixer. Así mesmo, tamén é posíbel conectar un smartphone ou ordenador a través dun cable USB para disfrutar de contidos VR en 360 graos, podendo moverse pola escena, afastarse ou achegarse mediante a rodiña do Magic Remote.

En canto a deseño, toda a serie LG Super UHD destaca polo seu deseño Ultra Slim, que no modelo de 55 polgadas (SJ9500) chega os 6,9 mm de grosor na súa parte máis estreita.

Polo de agora descoñécese cando van saír á venda e, non menos importante, a que prezo o farán. Mais é de prever que non van ser uns modelos para todos os petos.

Deixa un Comentario