Infografía: as cifras de PornHub en 2016

PornHub é un dos portais porno máis destacados da rede, mais tamén unha compañía á que lle encantan as estatísticas. Tal e como vén facendo nos últimos anos, veñen de publicar un completo informe no que detallan o consumo e hábitos das usuarias da popular páxina en todo o ano anterior.

As cifras asustan.

En todo o 2016 PornHub xestionou 23.000 millóns de visitas, unhas 44.000 por minuto. Estas visitas viron un total de 91.980.225.000 vídeos, a unha media de 6 TB de transferencia de datos por minuto.

Máis consumo desde smartphones

Outra tendencia que destaca nos datos publicados por PornHub é o espectacular incremento do consumo de porno desde dispositivos móbiles: os smartphones representan o 61% do tráfico total no portal, fronte o 28% dos ordenadores ou o 11% das tablets.

En canto a sistemas operativos, nos accesos desde o ordenador Windows é indiscutibelmente o gañador cun 80% dos accesos, e en smartphones Android sitúase no 50%, seguido de preto por iOS cun 47%.

A realidade virtual, outra nova tendencia

2016 foi o ano da realidade virtual, algo que tamén se viu reflectido no porno. PornHub inaugurou esta categoría en abril de 2016 regalando 10.000 lentes que permiten visualizar este tipo de contidos desde o móbil.

Aínda que se trata dunha sección aínda en crecemento, o portal xa conta con máis de 1800 vídeos VR, cuxas reproducións aumentaron un 302% ao longo do ano.

Caídas no tráfico por eventos e buscas temáticas

O PornHub Year in Review tamén analiza datas clave nas que o consumo de porno decae, como certos partidos da UEFA, os debates presidenciais, a keynote de Apple, episodios relevantes de series ou a celebración de ano vello.

Curiosamente, coincidindo co lanzamento de videoxogos, as buscas temáticas tamén se ven afectadas. É o caso de Pokémon Go, que tras o seu lanzamento provocou buscas bastante curiosas.

Moitos máis datos para analizar

Os datos e curiosidades que se poden extraer do informe de PornHub non acaban aquí. Tendencias por países, termos máis buscados por homes e mulleres… e moito máis está dispoñíbel no informe completo, que se pode consultar na seguinte ligazón.

Informe completo | PornHub 2016 Year in Review

Deixa un Comentario