Samsung ofrece compatibilidade con iOS nos seus últimos wearables

Samsung anunciou no CES de Las Vegas a expansión da compatibilidade a iOS da última familia de dispositivos Samsung Gear, nos que se inclúen o Samsung Gear S3, Gear S2 e Gear Fit2.

Deste modo, as usuarias de iOS poden descargar desde a App Store a aplicación Samsung Gear S (no caso de posuír un Gear S2 ou Gear S2), ou Gear Fit (se se ten un Gear Fit2). Feita a descarga, a usuaria non terá máis que ir seguindo os pasos que se indicar para poder completar a sincronización cos dispositivos wearábeis de Samsung.

Malia que as características e funcións varían segundo o dispositivo, con esta medida as usuarias de iOS poderán disfrutar das funcións integradas no Gear S3, como GPS, altímetro /barómetro e velocímetro. Este dispositivo, actual reloxo referencial de Samsung, está dispoñíbel en dous acabados: Frontier, dirixido ás usuarias máis activas e exploradoras, e Classic, inspirado nos reloxos artesanais, aínda que ambos levan a cabo as mesmas funcións.

A compatibilidade destes reloxo de Samsung con iOS limítase aos modelos iPhone 5, iPhone 5S, iPhone 5C, iPhone 6, iPhone 6+, iPhone 6S, oPhone 7, iPhone 7+ e iPhone SE, sempre e cando leven ios 9.0 ou superior.

O Gear S3 Frontier pódese mercar por 399 €, mentres que o Gear S3 Classic custa 443 €.

Sobre o autor

Reply