Fíltrase unha imaxe de prensa do Moto G5 Plus

Lenovo xa ten practicamente listos os novos Moto G5, que previsibelmente verán a luz oficialmente durante o próximo mes de marzo. Unha vez máis repetirá a estratexia de contar, cando menos, cunha versión estándar e outra “vitaminada”, o Moto G5 Plus, do que vén de filtrarse unha imaxe oficial que deixa ao descuberto todo o seu deseño.

Destas imaxes podemos extraer algunha información, como os evidentes cambios na zona da cámara ou a aposta polo metal como material predominante. Tamén cabe sinalar os cambios no lector de pegadas dixitais frontal, que parece máis grande ca no modelo precedente.

En canto ás súas especificacións, os rumores apuntan á presenza dunha pantalla de 5,5 polgadas, procesador Qualcomm Snapdargon 625 (oito núcleos a 2 GHz), 4 GB de RAM e 32 GB de memoria interna. As cámaras serían de 13 e 5 megapíxeles e a batería de 3080 mAh.

Haberá que agardar para ver cales destas características acaban sendo realidade e coñecer algúns detalles relevantes, como o prezo ou a data da súa posta á venda, aínda que imaxinamos que rondará os 300 euros.

Sobre o autor

Reply