Orange multiplica os investimentos en Galiza, aupada polas adxudicacións públicas e os acordos con R

Anos atrás, falar de Orange era falar dunha cobertura móbil reguleira, aínda que todo o esforzo inversor realizado pola compañía nos últimos anos foi revertendo esta situación, de tal xeito que actualmente, pese a non ter a mellor rede de voz e datos, pode presumir de dar un servizo máis que aceptábel en todos os concellos do país. En paralelo, a compañía laranxa foi apurando o despregamento de infraestrutura de fibra óptica, en colaboración con Vodafone, para multiplicar as opcións das galegas e galegos para conectarse a redes de nova xeración.

Aos 106 millóns de euros investidos por Orange no período 2012 – 2015 en Galiza en mellora da rede móbil, especialmente para levar o 4G ao 82% da poboación de Galiza, hai que sumar algo máis de 25 millóns consignados para o período 2016 – 2018. Destes cartos, aproximadamente 22 millóns empregaranse para a mellora integral das infraestruturas móbiles en 208 municipios derivadas do acordo con R, xa que a suma das liñas de ambas compañías converten a rede de Orange na que máis usuarias soporta no país.

Fibra óptica nas cidades e outros 40 municipios

Durante o 2016 Orange, en colaboración con Vodafone, levou a súa fibra óptica ás sete cidades galegas, e ao longo de 2017 teñen previsto sumar 40 concellos máis. No concreto, entre o 2016 e 2018 teñen previsto investir 89 millóns de euros para chegar a 550.000 fogares e empresas de todo o país coan infraestrutura fixa de nova xeración, permitindo o acceso a velocidades comerciais de 500/500 Mbps.

Adxudicación das conexións a Internet de 822 colexios de Galiza

Tal e como xa adiantamos en outubro, Orange resultou adxudicataria dun contrato para proporcionar acceso a Internet de banda larga a todos os centros educativos de Galiza, así como para o despregamento das redes de telecomunicación e o WiFi no interior dos mesmos. Trátase do plan “Escuelas Conectadas”, que se desenvolve como colaboración da AMTEGA, a Consellaría de Educación, o Ministerio de Educación e Red.es, que é o órgano de contratación.

Cunha duración de catro anos, prorrogábeis outros dous, e cunha cuantía de 17,7 millóns de euros, Orange comprometeuse a levar conexións de fibra óptica simétricas de 500 / 500 Mbpas á maioría dos 822 colexios incluídos no concurso.

Sobre o autor

Reply