O Nokia 6 tería unha versión internacional

O Nokia 6, anunciado hai uns días, forma parte da máis ou menos extensa listaxe de dispositivos que están previstos este ano baixo o nome da histórica marca de telefonía finlandesa, agora baixo o control chinés. De feito, na súa presentación só se falou da súa dispoñibilidade no país asiático.

Porén, semella que habería unha segunda versión deste trebello destinada ao mercado internacional. Como podedes ver na seguinte imaxe, o modelo TA-1000 é o que se vei vender no mercado chinés pero a maiores aparece unha variante descoñecida denominada TA-1003, que fai sospeitar que, aló menos, haberá un Nokia 6 dirixido a outros mercados ademáis do chinés.

Iso si, este nome non descubre as características deste suposto Nokia 6 Internacional, aínda que sería lóxico que as diferenzas entre ambos modelos fosen mínimas e pouco significativas. A modo de recordatorio, estas son as características principais do último trebello de Nokia.

  • Pantalla de 5,4 polgadas con resolución FullHD, curvatura 2.5D e Corning Gorilla Glass
  • Procesador Qualcomm Snapdragon 430
  • 4 GB de RAM
  • 64 GB de memoria interna ampliábeis mediante microSD
  • Cámara principal de 16 megapíxeles, con autoenfoque de fase, flash LED e apertura f/2.0
  • Cámara frontal de 8 megapíxeles
  • Batería de 3000 mAh con carga rápida
  • Lector de pegadas dixitais
  • Dual SIM 4G
  • Android 7.0 Nougat

 

Sobre o autor

Reply