Android Wear 2.0 chegará o 9 de febreiro

Malia os múltiples retrasos, a versión 2.0 de Android Wear semella ter por fin data de lanzamento. Será o próximo 9 de febreiro, segundo confirmou a través da súa conta de Twitter Evan Blass, un dos filtradores por excelencia do mundo Android.

Vai case un ano desde que Google fixo pública a súa intención de lanzar unha nova versión completa de Android Wear, polo que semellante retraso que deu pé a moitas conxeturas sobre o seu futuro, mesmo chegando a prognosticarse o seu abandono. Por outra banda, varios fabricantes que apostaron desde o principio por este sistema operativo decidiron parar o lanzamento de novos produtos, como foi o caso de Motorola, e mesmo algún chegou a plantexarse apostar por outras opcións, caso de Huawei, que deixou caer en máis dunha ocasión a posibilidade de pasarse a Tizen, a aposta software de Samsung para os wearables.

Novidades de Android Wear 2.0

Android Wear 2.0 é a actualización máis importante deste sistema operativo desde o se lanzamento, e entre as novidades está a posibilidade de empregar aplicacións sen necesidade de ter permanentemente conectado o teléfono móbil.

Por outra banda, haberá´unha versión reducida da Play Store no reloxo, o que permitirá buscar e instalar aplicacións para sacarlle máis partido ao trebello sen ter que acceder á versión completa da tenda de apps de Google no smartphone.

Un novo reloxo pure Google?

A nova versión de Android Wear podería ser anunciada cun novo reloxo, que atendendo ás filtracións podería estar fabricado por LG. De ser certos estes rumores estaríamos a falar dun modelo cun procesador Qualcomm deseñado especificamente para wearables, o Snapdragon 2100, compatíbel con conectividade 4G a través de eSIM, o sistema de SIM electrónica.

Sobre o autor

No Responses

Reply