Nest chega ao noso país co seu termostato e cámaras de vixilancia conectadas

Nest é unha compañía americana de dispositivos conectados para o fogar intelixente, que adquiriu gran notoriedade internacional cando foi mercada por Google anos atrás. Tras a reorganización de Google que deu pé á creación de Alphabet, Nest deixou de ser parte da marca do buscador para formar parte do entramado de empresas de Alphabet.

Tras moito tempo de espera, Nest comeza o próximo 15 de febreiro a súa expansión internacional, desembarcando cos seus produtos conectados en Alemania, Austria, Italia e España. Segundo din, terán soporte nos “idiomas oficiais de cada país”, aínda que moito nos tememos que no caso do estado español sexa unicamente en español.

Aínda que o aparello estrela de Nest é o seu termostato intelixente, que aprende dos nosos hábitos para adaptar a temperatura da nosa casa, a compañía tamén traerá dúas cámaras de vixilancia, unha para interiores con calidade 1080p e outra para exteriores coa posibilidade de acceder aos visionados desde o móbil, así como unha alarma antifume e de monóxido de carbono.

Dispoñibilidade e prezo

Todos os trebellos chegarán ao noso país o próximo 15 de febreiro, e poderanse mercar en Amazon, Media Markt e El Corte Inglés, aínda que se non queremos esperar podemos reservarlos xa mesmo. En canto a prezos, serán os que poñemos a continuación, sen que de momento haxa intención de facer unha oferta “paquetizada” coa que poder aforrar uns euros se collemos máis dun ao tempo.

Máis info | Nest

Sobre o autor

No Responses

Reply