Así podes activar o recoñecemento facial Google Fotos

Google Fotos é unha das alternativas para o gardado de imaxes na nube máis completas, tanto pola posibilidade de almacenaxe de fotos ilimitada como polas capacidades de recoñecemento de imaxe, o que permite facer buscas de obxectos nas nosas fotografías.

Ademais de todo tipo de obxectos, Google tamén é capaz de realizar o recoñecemento facial en Google Fotos, agrupándoas por caras, aínda que sen identificar as persoas por motivos de privacidade. Deste modo, a aplicación o único que fai é dicir que unha determinada cara aparece nun grupo de fotos, podendo así crear albumes dunha mesma persoa, se así o desexamos.

Polos motivos legais, esta funcionalidade só está dispoñíbel nos Estados Unidos, pero aínda así, se pensades que esta opción é  interesante para vós, podedes activala seguindo estes pasos:

  • En primeiro lugar debemos borrar os datos da apps, desde axustes – aplicacións.
  • Logo temos que conectarnos a un VPN dos Estados Unidos (lembrade que só é esta dispoñíbel neste país, polo de agora)
  • Agora imos a Google Fotos – Axustes – e marcar a app “Agrupar Caras Semellantes”.
  • Saímos da app, apagamos o VPN, borramos datos da app novamente, e de agora en diante, se todo foi ben, entrando de xeito normal na app de fotos de Google, deberiamos ter activa permanentemente esta funcionalidade.

Para conectarnos a un VPN americano, empregamos a app Hotspot Shield RPV Proxy, WiFi por ser moi doado de empregar ademáis de gratuíto.

Sobre o autor

Reply