Lowi xa permite contratar até 8 GB e chamadas ilimitadas por 26 euros ao mes

Lowi, a operadora low cost de Vodafone, inicia o ano con novidades nas súas tarifas, aumentando até os 8 GB os datos que as usuarias poden contratar ao mes, ao que hai que engadir a posibilidade de contratar un bono de chamadas ilimitadas.

Deste modo, tanto as clientas actuais como as novas usuarias desta operadora poderán configurar as súas tarifas coa cantidade de datos e minutos que mellor se adapte ás súas necesidades, desde 1 GB e chamadas a 0 céntimos / minuto (pagando o establecemento de cada chamada) por 6 €/mes a 8 GB con chamadas ilimitadas por 26 €/mes. En todos os casos os megas non consumidos acumúlanse para o seguinte mes, e a velocidade de conexión será 4G.

Todas as posíbeis tarifas que se poden contratar con Lowi resúmense no seguinte cadro

Datos \ Minutos Chamadas a 0 cént/min 120 minutos Chamadas ilimitadas
1 GB 6 €/mes 11 €/mes 16 €/mes
2 GB 11 €/mes 14 €/mes 18 €/mes
3 GB 13 €/mes 16 €/mes 20 €/mes
4 GB 15 €/mes 18 €/mes 22 €/mes
5 GB 17 €/mes 20 €/mes 24 €/mes
8 GB 24 €/mes 25 €/mes 26 €/mes

A diferenza da oferta de Vodafone, Lowi non inclúe roaming internacional e o 4G está limitado a 150 Mbps. Superados os datos da tarifa, pódese seguir nevegando á máxima velocidade en bloques de 200 MB / 1 €.

Sobre o autor

Reply