Xa é oficial: o LG G6 será anunciado o 26 de febreiro no MWC

Hai uns días fixémonos eco do primeiro teaser lanzado por LG para avanzar algunhas das características que integrará o novo buque insignia da compañía, o LG G6. Entre elas estaban unha gran pantalla nun corpo compacto e a resistencia á auga.

Para seguir abrindo no apetito, a compañía vén de publicar un “save the date” que nos cita para o próximo 26 de febreiro, no marco do Mobile World Congress, para descubrir “as súas últimas innovacións”. Neste pre-convite, o fabricante surcoreano emprega un gif para facer ficanpé na pantalla de grandes dimensións que tería o LG G6.

Todo apunta a que o panel do LG G6 estreará un ratio de pantalla 18:9, que segundo as últimas investigacións do departamento de paneis de LG sería o máis axeitado para sacar todo o proveito a este tipo de trebellos conforme as necesidades actuais.

Do mesmo xeito, agárdase que o LG G6 veña con dobre cámara traseira, USB Tipo C e hardware referencial, seguramente incorporando o Qualcomm Snapdragon 835, o procesador que levarán os mellores móbiles que veremos ao longo do ano.

Sobre o autor

No Responses

Reply