Movistar sube os prezos tamén en prepago

A mediados de decembro soubemos que Movistar subía o establecemento de chamada até os 25 céntimos nas súas tarifas de contrato con chamadas a 0 cént/min, unha medida que entrou en vigor o pasado 18 de xaneiro. Agora, este novo establecemento a 25 céntimos vaise extender ás tarifas de cartón prepago desde o próximo día 24, medida que chega xunto a un aumento de megas e da cota.

A tarifa Habla 6, que non leva datos asociados, unicamente verá incrementado o prezo do establecemento de chamada, pero no resto de opcións que levan datos hai incrementos. Así, as Vive de prepago suben 2 € mes, a cambio de incluír 400 MB adicionais no caso da nova Vive 9 e de 1 GB no caso da Vive 15.

Certamente, estas alternativas de Movistar están moi afastadas do mercado, onde hai opcións moito máis ventaxosas en canto a prezos e condicións. Sen ir máis lonxe, Tuenti, a marca low cost de Movistar, ten tarifas máis ventaxosas para este segmento de cliente, polo que cabe preguntarse se a estratexia de Movistar é a acertada.

Sobre o autor

Reply