Xiaomi perde a Hugo Barra, o home que lles fixo soñar

Xiaomi é, con moita diferenza, o fabricante chinés con mellor proxección internacional. A clave do seu éxito ten moito que ver cos seus dispositivos, que aúnan boas prestacións e prezos recatados, mais tamén a presenza de Hugo Barra, un dos artífices do milagre.

O que fora unha das persoas máis fortes dentro de Android, abandonou Google por Xiaomi hai algo máis de tres anos, co principal obxectivo de traballar na súa proxección internacional e abrir a porta a novos mercados, nomeadamente o americano e e o europeo. Porén, agora Hugo Barra deixa o seu posto como vicepresidente de Xiaomi para regresar a Estados Unidos, onde iniciará novos proxectos logo dun período de desconexión, aínda que confirma que seguirá de consultor da firma chinesa.

Os motivos que o levaron a abandonar Xiaomi detállaos nun post de Facebook, e son principalmente de índole persoal. Cos seus círculos de amizade no entorno de Silicon Valley, ter un posto de traballo a tanta distancia non acababa de facelo feliz, algo que mesmo comezou a afectar á súa saúde.

Estaremos atentas para seguir a traxectoria de Hugo Barra, a quen en boa medida debemos o que hoxe é Android.

Sobre o autor

2 Comments

  1. bxo 24 Xaneiro, 2017 Responder

Reply