Fíltrase a primeira imaxe do LG G6

Hai uns días soubemos que o LG G6 será presentado o próximo día 26 de febreiro en Barcelona, aproveitando a celebración do Mobile World Congress.

O novo dispositivo de LG vén de aparecer na súa primeira real, aínda que de maneira parcial. Contará cunha pantalla de 5,7 polgadas con ratio 2:1, e caracterizarase por uns escasos marcos e unha relación frontal / pantalla do 90%.

Tamén se confirma que, a diferenza do seu predecesor, non contará cun deseño modular. Os acabados serán unha mixtura de metal e cristal, levará jack de audio 3.5 mm e batería interna non intercambiábel.

Haberá que agardar pouco máis dun mes para descubrir todos os detalles do novo trebello de LG na súa presentación e ver se se cumpren todas as espectativas.

Sobre o autor

Reply