Este gadget asegura analizar a calidade do esperma desde o noso móbil

Hoxe queremos falarvos deste gadget que promete facer das probas de fertilidade masculinas algo máis de andar pola casa. Até o de agora, cando un home quere sabelo todo sobra a súa fertilidade non ten outra opción que acudir a unha clínica para poder facer a proba de esperma. Yo Sperm Test quere ser unha alternativa para podérmolo facer na nosa casa sen moitas complicacións.

O trebello, que se porá á venda nun par de días, inclúe o gadget que conectaremos ao noso smartphone, un pequeno recipiente para a recollida da mostra de seme e unha tira de medición. Compleméntase cunha aplicación, dispoñíbel para Android e iOS, que será a encargada de determinar a cantidade de espermatozoides e o seu movemento.

O noso móbil será unha parte fundamental do proceso, pois a súa cámara fará de microscopio (gadget mediante) para visualizar a mostra, podendo facer zoom na pantalla e navegar por diferentes partes. A aplicación fará os cálculos para determinar a mobilidade e concentración de espermatozoides, e así dar un resultado sobre a fertilidade, mais tamén permitirá gardar o vídeo no teléfono.

Dispoñibilidade e prezo

O Yo Sperm Testa estará á venda o 31 de xaneiro, aínda que xa se pode reservar de maneira anticipada. Terá un prezo de 49,95 dólares, nos que se inclúe o material necesario para facer dúas probas.

Máis info | Yo Sperm

Sobre o autor

Reply